Concellaría en Materia de Urbanismo.
Expediente Urbanismo: 2024/U051/000001.
Expedientes XGL: 2025/G006/000038-2025/G007/000002.
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o xoves 23 de xaneiro, adoptouse, entre outros, o Acordo de aprobación inicial do estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións, o axuste de rasantes interiores e a reordenación de volumes edificables en parcelas da fase 2 do Plan parcial Zapateira 1.
No certificado de XGL figura a adopción dos seguintes acordos:
Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións, o axuste de rasantes interiores e a reordenación de volumes en parcelas da fase 2 do Plan parcial Zapateira 1 asinado polos arquitectos Germán Barja Seijas e Marta Felpeto Pereiras con ERE 14/01/24 (202599900000290).
Solicitar a preceptiva autorización a AESA.
Segundo. Abrir un período de información pública por un prazo dun mes desde a publicación do anuncio da aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.
Durante o período de información pública, poderá examinarse o estudo de detalle por calquera persoa e formularse as alegacións que procedan.
Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello.
Terceiro. Notificar individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados, e outorgarlles un período de audiencia dun mes.
Cuarto. Acordar que non cabe a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas por canto que as novas determinacións non supoñen a modificación da ordenación urbanística vixente.
Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva deste acordo, poderase consultar a documentación íntegra aprobada inicialmente na seguinte ligazón: https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/8b485a400567e666c1e7c5e1ff88bfca01ff788f
Réxime de recursos
En relación co acordo adoptado pola XGL da Corporación do 18.10.2024, ten a natureza xurídica de acto administrativo de trámite non susceptible de impugnación independente, pero podería ser alegado polos interesados para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento. Todo isto segundo o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, poderá presentar no período de información pública que se lle notifica mediante a presente as alegacións ou reclamacións que se considere pertinentes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Arteixo, 27 de xaneiro de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21.6.2023)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo
