DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2025 Páx. 14936

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a social, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 18 de febreiro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro) –modificada pola Resolución do 5 de febreiro de 2025 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro)– da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a social,

ACORDOU:

Primeiro. Convocar a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a social, de acordo coas bases da convocatoria publicada mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro).

Segundo. O primeiro exercicio de oposición, de conformidade coa base II.1.2.5 da convocatoria, terá lugar o 8 de marzo de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

Terceiro. As persoas aspirantes, de conformidade coa base II.1.2.2, deberán ir provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade. Tamén deberán ir provistas dun lapis nº 2 e goma de borrar.

Cuarto. Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2025

Laura Fuentes López
Presidenta do tribunal