Mediante a Resolución do 30 de novembro de 2023 (DOG núm. 231, do 5 de decembro), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.
A base VIII da convocatoria establece que «rematados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso e de petición de postos de traballo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará unha resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas con indicación do lugar en que estarán á disposición das persoas interesadas».
En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,
RESOLVE:
Aprobar a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de <concurso de traslados>.
A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.
As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.
Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidas nin na de excluídas e solicitasen participar no concurso disporán de igual prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formularen a súa reclamación.
A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.
As persoas solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Barrio |
Calderón |
Manuel |
***3609** |
32, 57, 84 |
|
Casas |
López |
Segundo Pedro |
***4459** |
12, 112 |
|
Castro |
García |
Ana Belén |
***6208** |
4, 12 |
|
Cortes |
Rebollido |
Clara María |
***5258** |
4 |
|
Gómez |
Fernández |
Pedro |
***9422** |
32, 57, 84 |
|
González |
González |
Gustavo |
***0250** |
4 |
|
González |
Santiago |
José Luis |
***6108** |
55, 114 |
|
Lomba |
Domínguez |
Antonio |
***9255** |
32, 57, 84 |
|
Novo |
Álvarez |
Juan Antonio |
***5494** |
32, 57, 84 |
|
Pereira |
Fresco |
Alfredo |
***6706** |
32, 57, 84 |
|
Poncelas |
Méndez |
Eduardo |
***7459** |
32, 57, 84 |
|
Rocha |
Arrue |
José Carlos |
***4101** |
32, 57, 84 |
|
Rodríguez |
López |
José Amador |
***6672** |
32, 57, 84 |
|
Rodríguez |
López |
María del Carmen |
***1116** |
4 |
|
Rodríguez |
Varela |
José Manuel |
***3135** |
32, 57, 84 |
|
Torres |
Abal |
Manuel |
***8326** |
32, 57, 84 |
|
Vilas |
López |
Xoán Ramón |
***7658** |
4 |
Relación das causas de exclusión:
|
Cod. causa |
Causa exclusión |
|
4 |
Falta do nomeamento para o corpo/categoría desde o que concursa |
|
12 |
Corpo-escala ou categoría, relación de servizo ou tipo de administración non corresponde ás do concurso |
|
32 |
Menos de 2 anos desenvolvendo o posto con carácter definitivo |
|
55 |
Non reunir os requisitos exixidos na base I da convocatoria |
|
57 |
Persoal funcionario en destino provisional, sen destino definitivo |
|
84 |
Nomeamento provisional no seu proceso selectivo |
|
112 |
O concurso non está aberto ao seu corpo ou administración |
|
114 |
Falta ou non é válida a documentación de xustificación da solicitude condicionada |
