O nomeamento de persoal funcionario interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral están regulados no Decreto 37/2006, do 2 de marzo (Diario Oficial de Galicia núm. 48, do 9 de marzo).
O artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, relativo ao prazo de presentación de solicitudes, establece que se poderán presentar novas solicitudes «desde a publicación da resolución de apertura do prazo de presentación de solicitudes por parte da dirección xeral competente en materia de función pública e no prazo establecido nela» e, no caso de listas elaboradas que se atopen en xestión, desde o día 1 de marzo ata o día 30 de abril de cada ano.
O parágrafo final do devandito artigo 6 establece que «en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada porque non se producen contratacións ou nomeamentos, ou ben polo excesivo número de persoas inscritas, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes, coa excepción das persoas interesadas que superasen algunha proba do último proceso selectivo, ou prestasen servizos, no ámbito de aplicación do artigo un, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a esa categoría, corpo, escala ou especialidade».
Na modificación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo Decreto 60/2019, do 23 de maio (DOG núm. 108, do 10 de xuño), incorporouse a disposición transitoria segunda, que contén unha habilitación para elaborar unha lista única como resultado da funcionarización. Esta disposición foi obxecto de desenvolvemento en virtude da Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 145, do 30 de xullo).
Na disposición transitoria terceira da dita orde, dedicada á cobertura transitoria de postos reservados a persoal laboral, establécese que «a inclusión definitiva das persoas integrantes das listas de persoal laboral de categorías funcionarizadas en listas de persoal funcionario dun corpo, escala ou especialidade declarados equivalentes ao abeiro desta orde, implica o peche das correspondentes listas de contratación temporal de persoal laboral».
Mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2025 (DOG núm. 31, do 14 de febreiro) publicouse a relación de persoas excluídas con carácter provisional das listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades, resultantes da transformación de oficio de listas das categorías profesionais laborais equivalentes, ao abeiro do establecido no artigo 4.2 da Orde do 20 de xullo de 2021.
Así mesmo, mediante as resolucións do 12 de febreiro de 2025, publicadas no DOG do 14 de febreiro, acordouse a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas e especialidades da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
A entrada en vigor destas listas únicas implicará o peche definitivo das listas de contratación temporal correspondentes ás categorías de persoal laboral equivalentes, en cumprimento do establecido na disposición transitoria terceira da Orde do 20 de xullo de 2021.
Durante o prazo comprendido desde o día 1 de marzo ata o día 30 de abril de 2025 estará dispoñible a solicitude para inclusión nestas listas únicas e non estarán dispoñibles as solicitudes de inclusión nas listas das categorías de persoal laboral declaradas equivalentes aos correspondentes corpos, escalas ou especialidades de persoal funcionario, dado que está previsto que o peche definitivo das listas destas categorías de persoal laboral se produza antes de que finalice a tramitación das solicitudes presentadas no dito prazo.
Por outra banda, mediante a Resolución do 8 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, dispúxose a inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de integración do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.
No seu punto cuarto estaba previsto que se abrise un prazo extraordinario para que as persoas interesadas puidesen inscribirse nas listas correspondentes ás categorías propias do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ou naquelas que son análogas ás categorías do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
A relación de postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar foi aprobada no Consello de Goberno do 27 de decembro de 2024 e unicamente está pendente de publicación, polo que resulta oportuno e conveniente habilitar extraordinariamente un prazo para que as persoas interesadas que declaren estar incluídas nalgunha das listas xestionadas polo dito Consorcio poidan solicitar a inclusión nas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, aínda que estas estean pechadas por esta resolución.
Nesta resolución tamén se relacionan as listas que se atopan abertas ou pechadas correspondentes ás escalas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, que foron abertas inicialmente por medio das resolucións do 13 de xaneiro de 2025, publicadas no DOG núm. 9, do 15 de xaneiro, dada a carencia de persoas dispoñibles para a cobertura dos postos das ditas escalas.
Tendo en conta todo o anterior e visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2024 e o número de persoas inscritas en cada lista, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Abrir un prazo extraordinario, desde o día 1 de marzo ata o día 30 de abril de 2025, para que as persoas que declaren estar incluídas nas listas xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar poidan incluírse en listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, aínda que estean pechadas por esta resolución. Para seren admitidas, deberán declarar estar incluídas na lista xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da categoría análoga á do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia ou equivalente á lista única resultante da funcionarización na cal solicitan a inclusión.
Segundo. Pechar a incorporación de novas solicitudes de inclusión nas listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican no anexo I.
Terceiro. Reabrir as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican no anexo II.
Cuarto. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que están abertas e nas cales as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril deste ano (anexo III).
Quinto. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas e nas cales soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou prestasen servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a ese grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade (anexo IV).
Sexto. Relacionar as listas correspondentes ás categorías profesionais de persoal laboral en que non se atopará dispoñible a solicitude de inclusión debido a que está previsto o seu peche definitivo, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Orde do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 145, do 30 de xullo), tras a entrada en vigor das listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario (anexo V).
Nas listas únicas correspondentes a corpos, escalas ou especialidades resultantes da creación ou da transformación de oficio por funcionarización que estean pechadas poderán solicitar a inclusión as persoas que prestasen servizos en categorías profesionais laborais equivalentes, segundo o estipulado nas correspondentes resolucións publicadas no DOG núm. 195, do 8 de outubro de 2021, no DOG núm. 200, do 18 de outubro de 2021, no DOG núm. 75, do 19 de abril de 2023, e no DOG núm. 31, do 14 de febreiro de 2025, sempre que estes servizos fosen prestados no ámbito de aplicación do artigo 1 do Decreto 37/2006, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo, sen prexuízo do establecido no artigo 6.3 da Orde do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 145, do 30 de xullo).
Sétimo. As persoas integrantes das listas que na súa solicitude de inclusión autorizasen expresamente a consulta dalgúns datos pola Administración e que figuren excluídas nas listas provisionais por causas relacionadas coa imposibilidade material de obter os ditos datos, deberán achegar no prazo concedido para formular reclamación contra as listas provisionais, para acreditar o cumprimento dos requisitos exixidos, unha copia auténtica da documentación respecto da cal non foi posible obter datos ao realizar a consulta.
Oitavo. Contra esta resolución, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Noveno. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Listas que se pechan
Corpos, escalas e especialidades (persoal funcionario)
|
Grupo |
Corpo/Escala |
Denominación |
|
A1 |
207K |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
|
A1 |
207L |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Hixiene industrial |
|
A1 |
207M |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Ergonomía e psicosocioloxía aplicada |
|
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo |
|
A2 |
207P |
Escala técnica de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
|
A2 |
208C |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Educadores |
|
A2 |
209T |
Escala técnica de orientación laboral |
|
C1 |
207C-02 |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
|
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir) |
|
C1 |
209I |
Escala técnica de análises de laboratorio |
|
C1 |
209O |
Escala de axentes de inspección. Especialidade vixilancia de estradas |
|
C2 |
207S |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade emisorista/vixilante/a fixo/a |
|
C2 |
207Y |
Escala auxiliar de coidadores |
|
C2 |
207Z |
Escala auxiliar de cociña |
|
C2 |
208P |
Escala auxiliar de laboratorio |
|
C2 |
208Q |
Escala auxiliar de condución |
|
C2 |
209M |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos e bibliotecas |
|
C2 |
209N |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade museos |
|
2055 |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal subalterno |
Grupos e categorías (persoal laboral)
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
III |
066 |
Axudante/a taller. Adxunto/a taller |
ANEXO II
Listas que se abren
Corpos, escalas e especialidades (persoal funcionario)
|
Grupo |
Corpo/Escala |
Denominación |
|
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de camiños, canais e portos |
|
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría industrial |
|
A2 |
208D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Terapia ocupacional |
|
C1 |
208J |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade xardín de infancia |
Grupos e categorías (persoal laboral)
Dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
|
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba |
|
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
|
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios |
|
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
|
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |
ANEXO III
Listas abertas
Corpos, escalas e especialidades (persoal funcionario)
|
Grupo |
Crpo/Escala |
Denominación |
|
A1 |
207J |
Escala superior de saúde laboral |
|
A1 |
208F |
Escala de facultativos. Especialidade Medicina |
|
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de camiños, canais e portos |
|
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría industrial |
|
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
|
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima |
|
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira |
|
A1 |
2093-06 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica |
|
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas |
|
A1 |
2093-08 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións |
|
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas |
|
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios |
|
A2 |
207N |
Escala técnica de saúde laboral |
|
A2 |
208A |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Enfermaría |
|
A2 |
208B |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Fisioterapia |
|
A2 |
208D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Terapia ocupacional |
|
A2 |
208E |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Traballo social |
|
A2 |
209D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade de educador infantil |
|
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de minas |
|
A2 |
2094-01 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo |
|
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción |
|
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque |
|
C1 |
20B6 |
Escala técnica recursos naturais e forestais. Especialidade capataz |
|
C1 |
20D5 |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade Animación Sociocultural |
|
C1 |
207V |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón. |
|
C1 |
207W |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico. |
|
C1 |
208I |
Escala de axentes de inspección. Especialidade Mobilidade |
|
C1 |
208J |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade Xardín de infancia |
|
C1 |
209E |
Escala técnica de mantemento de servizos |
|
C1 |
209G |
Escala técnica de cociña |
|
C1 |
209H |
Escala técnica de condución. |
|
C1 |
209U |
Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal xefe de brigada |
|
C2 |
207T |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal-condutor de motobomba |
|
C2 |
207U |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal |
|
C2 |
207X |
Escala de gardas de recursos naturais |
|
C2 |
208N |
Escala auxiliar de mantemento |
|
C2 |
20A3 |
Escala de auxiliares de clínica |
|
C2 |
20D0 |
Escala auxiliar de recursos naturais e forestais |
|
209R |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade persoal de limpeza e cociña. |
Grupos e categorías (persoal laboral)
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
Grupos e categorías do persoal laboral
Dos servizos de prevención e defensa
contra incendios forestais
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
|
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba |
|
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
|
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios |
|
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
|
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |
ANEXO IV
Listas pechadas
Corpos, escalas e especialidades (persoal funcionario)
|
Grupo |
Corpo/Escala |
Denominación |
|
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
|
A1 |
206K |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos |
|
A1 |
206L |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas |
|
A1 |
206M |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos |
|
A1 |
207K |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
|
A1 |
207L |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Hixiene industrial |
|
A1 |
207M |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Ergonomía e psicosocioloxía aplicada |
|
A1 |
208G |
Escala de facultativos. Especialidade Psicoloxía |
|
A1 |
208H |
Escala de facultativos. Especialidade Pedagoxía |
|
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
|
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos |
|
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría agronómica |
|
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de minas |
|
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de montes |
|
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade Bioloxía |
|
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade Química |
|
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos |
|
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de telecomunicación |
|
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos |
|
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
|
A1 |
2093-01 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima |
|
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola |
|
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo |
|
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral |
|
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
|
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
|
A2 |
206I |
Escala de inspección turística |
|
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos |
|
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas |
|
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos |
|
A2 |
206X |
Escala de inspectoras e inspectores de consumo |
|
A2 |
207P |
Escala técnica de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
|
A2 |
208C |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Educadores |
|
A2 |
209T |
Escala técnica de orientación laboral |
|
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística |
|
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica forestal |
|
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos técnicos |
|
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de obras públicas |
|
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica industrial |
|
A2 |
2076 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica en Topografía |
|
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica agrícola |
|
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatísticos |
|
A2 |
2097 |
Escala de axentes de extensión pesqueira |
|
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
|
C1 |
207C-02 |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
|
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir) |
|
C1 |
209I |
Escala técnica de análises de laboratorio |
|
C1 |
209O |
Escala de axentes de inspección. Especialidade vixilancia de estradas |
|
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
C1 |
2081 |
Escala de delineantes (a extinguir) |
|
C2 |
207S |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade emisorista/vixilante/a fixo/a |
|
C2 |
207Y |
Corpo de auxiliares de carácter técnico. Escala auxiliar de coidadores |
|
C2 |
207Z |
Escala auxiliar de cociña |
|
C2 |
208P |
Escala auxiliar de laboratorio |
|
C2 |
208Q |
Escala auxiliar de condución |
|
C2 |
209M |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos e bibliotecas |
|
C2 |
209N |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade museos |
|
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
2055 |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal subalterno |
Grupos e categorías (persoal laboral)
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte |
|
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
|
II |
031 |
Restaurador/a |
|
II |
033 |
Profesor/a de danza clásica |
|
II |
038 |
Perito/a-xudicial diplomado/a |
|
III |
003 |
Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a |
|
III |
012 |
Mestre/a de taller |
|
III |
018 |
Marcador/a de metais preciosos |
|
III |
034 |
Especialista de oficios (debuxante) |
|
III |
036 |
Experto/a audiovisuais |
|
III |
037 |
Técnico/a de son |
|
III |
039 |
Rexedor/a de escena |
|
III |
045 |
Técnico/a de luces |
|
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
|
III |
053 |
Técnico/a en restauración cinematográfica |
|
III |
066 |
Axudante/a taller. Adxunto/a taller |
|
III |
088 |
Capataz de explotacións marisqueiras |
|
III |
097 |
Auxiliar de son |
|
III |
098 |
Auxiliar de luces |
|
III |
101 |
Proxeccionista |
|
III |
102 |
Encadernador/a |
|
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
|
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras |
|
IV |
007 |
Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación |
|
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
|
IV |
021 |
Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría |
|
IV |
023 |
Mestre/a gaiteiro/a |
|
IV |
024 |
Xastre/a |
|
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoieiro/a |
|
IV |
031 |
Legoeiro/a |
|
IV |
034 |
Axudante/a restauración e proxección cinematográfica |
|
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
|
V |
003-02 |
Resolución do 26.6.2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado |
|
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
|
V |
10D |
Socorrista |
|
V |
10F |
Peón/oa forestal |
Grupos e categorías do persoal laboral
Dos servizos de prevención e defensa
contra incendios forestais
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
I |
038 |
Técnico/a superior defensa contra incendios forestais |
|
II |
039 |
Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais |
|
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais |
|
IV |
037 |
Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais |
|
V |
10A |
Vixilante móbil defensa contra incendios forestais |
ANEXO V
Listas de categorías de persoal laboral en que non estará dispoñible a solicitude por estar previsto o seu peche
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil |
|
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil |
|
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios |
|
III |
011 |
Encargado/a agrario/a |
|
III |
014 |
Xefe/a de cociña |
|
III |
017 |
Analista de laboratorio |
|
III |
023 |
Celador/a de estradas. Capataz de brigada |
|
III |
049 |
Axente auxiliar inspección transportes |
|
III |
060 |
Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE |
|
III |
063 |
Oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a |
|
III |
064 |
Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada |
|
III |
065 |
Oficial/a 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª |
|
III |
067 |
Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz |
|
III |
068 |
Oficial/a 1ª agrario. Capataz agrario |
|
III |
069 |
Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira |
|
III |
080 |
Capataz de establecemento |
|
III |
090 |
Animador/a sociocultural |
|
IV |
004 |
Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado |
|
IV |
005 |
Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª |
|
IV |
006 |
Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento |
|
IV |
009 |
Oficial/a 2ª agrario/a |
|
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio |
|
IV |
016 |
Condutor/a |
|
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas |
|
IV |
036 |
Auxiliar de museos |
|
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais |
