De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que a notificación fose devolta polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentada dúas veces, non se puido efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
CO-RES-2024-005 |
Julio del Río Viqueira |
Resolución expediente sancionador |
|
CO-RES-2024-005 |
Antonio Moreno Montoya |
Resolución expediente sancionador |
