Expediente: IN407A 2014/196-1.
Solicitante/promotora: Xallas Electricidad y Aleaciones, S.A.U.
Denominación: anexo de modificación dos apoios 152N e 170N e instalación de sistema de medida na chegada á SET Regoelle.
Concello: Dumbría.
1. Características técnicas:
1) Modificación da LAT DC 220 kV Dumbría-Regoelle, autorizada pola Resolución do 14 de xuño de 2018 (DOG núm. 165, do 30 de agosto) consistente en:
– Modificación do nivel de contaminación previsto no ambiente, no deseño dos illadores da liña.
– Modificación da posición do apoio 170N para situalo no interior do recinto da subestación de Dumbría nas coordenadas ETRS 89, fuso 29 x=493.115,69 y=4.758.833,48, para evitar unha afección a un castro.
– Modificación da posición do apoio 152N para situalo no interior do recinto da subestación de Regoelle nas coordenadas ETRS 89, fuso 29 x=495.767,10 y=4.762.343,08, para deixar espazo para a instalación dun sistema de medida proxectado na entrada á SET de Regoelle.
As características básicas da liña tras a modificación son as seguintes:
– Liña aérea a 220 kV, de dobre circuíto (consumo e xeración), condutor LA-455, de 5.593 m (consumo) e 5.662 m (xeración), con orixe na subestación de Dumbría (consumo pórtico 1 e xeración pórtico 2) e final na subestación de Regoelle. A potencia máxima de transporte por circuíto segundo o proxecto é de 307,37 MW.
2) Nova actuación non prevista no proxecto autorizado, consistente nas instalacións necesarias para establecer un sistema de medida e comunicacións na chegada á subestación de Regoelle:
– Posición de medida da liña de consumo de 220 kV en tecnoloxía convencional formada por autoválvula, trafo de intensidade e trafo de tensión.
– Posición de medida da liña de xeración de 220 kV en tecnoloxía convencional formada por autoválvula, trafo de intensidade e trafo de tensión.
– Para a alimentación dos equipamentos de medida e comunicación proxectados prevese unha alimentación en baixa tensión desde a rede existente, apoiada por un sistema e paneis solares fotovoltaicos cun sistema de baterías incorporado.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
O solicitante manifesta na documentación achegada que as modificacións introducidas no proxecto supoñen a desafección das parcelas 195, 199, 200, 201 e 216 que figuraban na relación de propietarios, bens e dereitos afectados da Resolución do 14 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a Ferroatlántica, S.A.U. as autorizacións administrativas previa e de construción e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica cuxo proxecto leva por título LAT DC 220 kV Dumbría Regoelle, no concello de Dumbría, na provincia da Coruña-expediente IN407A 2014/196-1 (DOG núm. 165, do 30 de agosto).
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 23 de xaneiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Parcela |
Propietario |
Afeccións proxecto en tramitación |
||||||
|
Nº de predio |
Ref. catastral |
Lugar |
Apoio núm. |
Superficie pleno dominio (m2) |
Afección servidume de paso aérea (ml) |
Superficie servidume de paso aérea (m2) |
Superficie servidume de paso (m2) |
|
|
3 |
15034A02301010 |
Monte do Medio |
Lado Trillo, Jesús |
14,00 |
||||
|
4 |
15034A02301011 |
Fonte Vinquiño |
Costa Fernández, M. Elena (25 %) |
30 |
135,00 |
|||
|
5 |
15034A02300003 |
Fonte Vinquiño |
Costa Fernández, M. Elena (25 %) |
67,00 |
||||
|
9 |
15034A01000770 |
Rego das Moas |
Grille Arias, José Ramón |
43 |
629,00 |
|||
|
10 |
15034A01000771 |
Rego das Moas |
Lado Trillo, Jesús |
43 |
336,00 |
|||
|
12 |
15034A01000773 |
Rego das Moas |
Lado Trillo, Jesús |
8 |
29,00 |
|||
|
13 |
15034A01000774 |
Riba da Fieteira |
Martínez Lado, David |
258,00 |
||||
|
15 |
15034A01000768 |
Rego das Moas |
Pita Méndez, Lucinda Raquel |
78,00 |
||||
|
16 |
15034A01000766 |
Rego das Moas |
Pita Méndez, Lucinda Raquel |
59 |
318,00 |
259,00 |
||
|
17 |
15034A01000765 |
Rego das Moas |
Martínez Lado, David |
46 |
43,00 |
171,00 |
||
|
18 |
15034A01000764 |
Rego das Moas |
Grille Díaz, María Estrella |
15 |
68,00 |
|||
|
19 |
15034A01000763 |
Rego das Moas |
Lado Trillo, Jesús |
15 |
61,00 |
|||
|
20 |
15034A01000762 |
Rego das Moas |
Grille Díaz, María Estrella |
169R |
58,00 |
30 |
1003,00 |
|
|
183 |
15034A00900007 |
Marmuirazo |
Lado Lema, José |
153N |
160,02 |
31 |
408,00 |
870,00 |
|
184 |
15034A00900004 |
Marmuirazo |
Lema Cerbán, María Dolores |
31 |
659,00 |
503,00 |
||
|
185 |
15034A00900003 |
Marmuirazo |
Regueira Lema, Sheila |
9 |
209,00 |
30,00 |
||
|
186 |
15034A00900002 |
Marmuirazo |
Fernández Suárez, Manuel |
17 |
406,00 |
55,00 |
||
|
187 |
15034A00900001 |
Marmuirazo |
Fernández Suárez, Manuel |
20 |
506,00 |
69,00 |
||
|
188 |
15034A00600707 |
Lagoas |
Fernández Liñares, Manuel |
29 |
726,00 |
35,00 |
||
|
189 |
15034A00600704 |
Lagoas |
Trillo Rivadulla, María |
33 |
804,00 |
|||
|
190 |
15034A00600705 |
Lagoas |
Pérez Liñares, Carmen |
26 |
596,00 |
|||
|
191 |
15034A00600702 |
Lagoas |
Alvite Canosa, José Hdros. Rpte.: José Alvite Pérez |
28 |
548,00 |
136,00 |
||
|
204 |
15034A01000772 |
Riba da Fieteira |
Martínez Lado, David |
10,00 |
||||
– Abreviacións:
Superficie pleno dominio: cimentacións, sobre a cal se executan cada un dos apoios.
Servidume de paso aérea: a ocupación permanente da servidume de voo é a área ocupada baixo os condutores.
Afección servidume de paso aérea (ml): lonxitude eixe da liña.
Superficie servidume de paso: accesos, novas vías de acceso desde as vías existentes a pé de apoio.
