O Concello de Ponte Caldelas solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:
Solicitante: Concello de Ponte Caldelas.
Expediente: DH.W36.105457.
Concello: Ponte Caldelas.
Descrición das obras: creación dun parque termal nas parcelas de referencia catastral 36043A02801814 e 36043A02801674, na avenida de Vigo, núm. 23, no lugar de Pazos, concello de Ponte Caldelas.
Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) contados a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Ponte Caldelas ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, 3-4º, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.
Vigo, 3 de febreiro de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
