En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Isidro Varela Bardanca.
CIF: ***8944**.
Expediente: DH.A15.45090.
Volume total anual: 1.158,25 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 2,22 l/s.
Orixe: Rego innominado. x= 527.192; y= 4.786.084. Pozo Insua. x= 527.125; y= 4.786.033.
(coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).
Lugar: A Rega.
Parroquia: Bértoa (Santa María).
Concello: Carballo (A Coruña).
Destino: rega.
Lugar: A Rega.
Parroquia: Bértoa (Santa María).
Concello: Carballo (A Coruña).
Descrición do aproveitamento:
Trátase de dúas captacións, unha delas na parcela 15019A086002680000II, que recolle a auga dun rego innominado (rede de escorras), mediante unha pequena represa con muros de pedra e formigón, que tamén ten función de bebedoiro de gando. Desde aquí bombéase a auga cunha pequena electrobomba para regar tres parcelas cunha superficie total de 4.633 m2. A segunda captación trátase dun pozo de barrena situado na parcela 15019A086001100000II, que bombea a auga para a rega das mesmas 3 parcelas anteriores.
As augas úsanse para rega nas parcelas 15019A086001100000II, 001300400NH28F0001KH e 15019A086002700000IX.
A documentación pódese consultar na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 24 de xaneiro de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
