DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2025 Páx. 15006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se autoriza a modificación substancial dun establecemento de acuicultura sito no polígono industrial de Cuíña, concello de Cervo (expediente PE503A 2021-5).

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que, mediante a Resolución do 6 de febreiro de 2025, se autoriza a modificación substancial do establecemento de acuicultura na zona terrestre que se describe:

Titular: Stolt Sea Farm, S.A. (A28682987).

Tipo de establecemento: criadeiro e granxa mariña.

Especies autorizadas: rodaballo (Scophtalmus maximus) e linguados (Solea solea e Solea senegalensis).

Localización: polígono industrial de Cuíña, San Cibrao, Cervo, Lugo.

Proxecto: nova condución de desaugadoiro e xeración de enerxía renovable nas instalacións de acuicultura en Cervo, Lugo.

O informe de impacto ambiental do proxecto fíxose público mediante o Anuncio do 9 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 23 de xuño.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2025

Patricia García Sánchez
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica