A Presidencia de Portos de Galicia acorda o inicio de trámite da solicitude de concesión administrativa presentada por Unión Fenosa Distribución Electricidad, S.A., no porto de Cedeira con destino á ocupación de dominio público portuario soterrado e en superficie para realizar a actividade de subministración de electricidade (expediente 12-04-24-C-2), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas.
Asemade, ábrese a posibilidade de que se presenten outras solicitudes en competencia cos mesmos requisitos establecidos para unha solicitude de concesión, que afecten o mesmo espazo e co mesmo ou distinto obxecto.
O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación será obrigatoriamente de forma electrónica para as administracións públicas, persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, e persoas representantes dunha das anteriores. Empregarase o procedemento xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes por escrito nas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, ou en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A documentación está á disposición na ruta web:
www.portosdegalicia.gal>Comunicacións e avisos>Procesos de información pública.
Lugo, 10 de febreiro de 2025
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia
