DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2025 Páx. 15208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa e se modifica por modificación non substancial a autorización ambiental integrada outorgada a Financiera Maderera, S.A., para a planta de fabricación de taboleiros de partículas de madeira e coxeración asociada que se localiza no concello de Santiago de Compostela (expediente 2006/0376_NAA/IPPC e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira.

Procedementos: modificación non substancial da autorización ambiental integrada e revisión para a súa adaptación á Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

Titular: Financiera Maderera, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2006/0376_NAA/IPPC-107.

Localización: Santiago de Compostela (A Coruña).

Expedientes:

2006/0376_NAA/IPPC; 2024-IPPC-M-64; 2024-IPPC-M-147.

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental y Sostibilidade