Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003, Lugo.
Denominación: aumento de potencia do CTI 6392 Foxo, CTI 6395 Cerveiro e CTI 6193 Cernadas na LAT 20 kV Cospeito.
Situación: concello de Cospeito.
Características técnicas principais:
• Liña aérea de alta tensión 20 kV do CTI 6392 Foxo, con orixe nun apoio proxectado tipo C-2000-14 e final no CTI 6392 Foxo, cunha lonxitude de 25 metros en condutor tipo LA-56.
• Liña aérea de alta tensión 20 kV Cospeito, con orixe no apoio existente A74612 e final nun apoio proxectado tipo C-2000-14, cunha lonxitude de 148 metros en condutor tipo LA-110.
• Liña aérea de alta tensión 20 kV do CTI 6395 Cerveiro, con orixe nun apoio proxectado tipo C-2000-14 e final no CTI 6395 Cerveiro, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo LA-56.
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 6392 Foxo, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 100 kVA, substitución do apoio de formigón existente por un de celosía tipo C-3000-14, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalamento, relación de transformación 20.000/400-230V.
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 6395 Cerveiro, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalamento, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 6193 Cernadas, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 100 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalamento, relación de transformación 20.000/400-230 V.
Finalidade da instalación: mellora da instalación.
Orzamento: 53.067,74 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Cospeito.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 13 de febreiro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
