DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2025 Páx. 15248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Taboada (expediente IN407A 2024/75-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e se declara a utilidade pública do proxecto para a regulamentación LMTA CHA813 no treito entre o apoio núm. 69-100 e o CT 27C059 (Taboada), no concello de Taboada, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 17 de febreiro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación
LMTA CHA813 no treito entre o apoio núm. 69-100 e CT 27C059 (Taboada)

Concello: Taboada (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/75-2.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio
(nº)

Apoio
(m2)

Sup.
(m2)

Voo
(lonx.)

Voo
(sup. m2)

19

135

153

Leira de Modesta

Monte alto

Descoñecido

11

176

23

135

329

Perna Branca

Monte alto

Descoñecido

15

238