DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2025 Páx. 15249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello da Veiga (expediente IN407A 2024/86-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SAG703 no treito entre os apoios números 177 e 186, na casa do concello da Veiga, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 18 de febreiro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/86-3.

Instalación: Regulamentación LMTA SAG703 no treito entre os apoios números 177 e 186.

Concello: A Veiga.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

2

Pena da Asgue

32084A048004130000RW

Descoñecido

Casa do concello da Veiga

1.4.2025

13.00

3

O Porto

32084A048002370000RK

Descoñecido

Casa do concello da Veiga

1.4.2025

13.05

6

Traslaira

32084A045004240000RY

Descoñecido

Casa do concello da Veiga

1.4.2025

13.10

7

Traslaira

32084A045004380000RD

Descoñecido

Casa do concello da Veiga

1.4.2025

13.15