DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2025 Páx. 15295

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de concerto social para o servizo de atención temperá.

Porla Resolución de Alcaldía, do 14 de xaneiro de 2025, aprobouse o expediente de concerto social, do que forma parte o prego de condicións, para prestar o Servizo de atención temperá, así como a convocatoria do concerto social con envío de anuncio ao Diario Oficial de Galicia e apertura do procedemento para presentación de proposicións.

O prego de condicións regula o prazo de presentación, requisitos das entidades participantes, criterios de valoración, condicións técnicas de prestación do concerto social, prezo e obrigas e dereitos das partes. Este pode consultarse na sede electrónica municipal, a través do taboleiro de anuncios electrónico:

https://ponteareas.sedelectronica.gal/info.0

Ponteareas, 15 de xaneiro de 2025

María Nava Castro Domínguez
Alcaldesa