O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 31 de xaneiro de 2025, aprobou inicialmente a modificación puntual número 8 das normas subsidiarias de planeamento de Vila de Cruces, para os efectos de redelimitar o núcleo rural da Contiña, parroquia de Larazo.
De conformidade co disposto no artigo 191 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública, por un prazo de dous meses, que comezarán a contar a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (http://viladecruces.sedelectronica.es).
Vila de Cruces, 11 de febreiro de 2025
Luis Celso Taboada Sánchez
Alcalde
