DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2025 Páx. 15297

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da delegación de competencias do Concello da Pobra do Caramiñal.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 20 de decembro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«24. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello da Pobra do Caramiñal.

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello da Pobra do Caramiñal en relación coas seguintes materias:

1) Xestión e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre bens inmobles ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.

2) Xestión e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre actividades económicas ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro, así como a facultade para solicitar da Administración tributaria do Estado a delegación das funcións de xestión censual e inspección e establecer con esta Administración as oportunas fórmulas de colaboración en materia de inspección en relación con este mesmo imposto.

3) Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre vehículos de tracción mecánica ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.

4) A facultade para establecer acordos ou convenios coa Administración tributaria do Estado en materia de colaboración e inspección en relación co imposto sobre bens inmobles.

5) Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.

6) Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral. A delegación afectará tanto o suposto xeral baseado no 1,5 % dos ingresos brutos obtidos no termo municipal como o suposto especial da telefonía móbil.

7) Instrución dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo Concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, así como a súa recadación tanto en período voluntario como executivo.

2. A delegación entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2025 e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas Bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia e as Bases para a prestación de servizos en materia de sancións por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 26 de decembro de 2024

O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 33475/2023)
José Ramón Rioboo Castro
Deputado delegado de Persoal

Amparo Taboada Gil
Secretaria xeral da
Deputación Provincial da Coruña