DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2025 Páx. 15382

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional, convocado mediante a Resolución do 19 de abril de 2024.

Mediante a Resolución do 19 de abril de 2024 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 85, do 30 de abril), convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

Mediante a Resolución do 3 de xaneiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 13, do 21 de xaneiro) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega na categoría de técnico/a superior nas especialidades de anatomía patolóxica e citoloxía, dietética, documentación sanitaria e laboratorio de diagnóstico clínico, convocado pola Resolución do 19 de abril de 2024.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e que se publicará para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa dita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo e por categoría, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior nas especialidades de anatomía patolóxica e citoloxía, dietética, documentación sanitaria e laboratorio de diagnóstico clínico.

As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas por categoría, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Nomear os membros dos tribunais, titulares e suplentes que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan, para cada categoría, no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade do 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Presidenta titular

María Luisa López Vega

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Secretario titular

José Jorge García Souto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Miguel Ángel Lázaro Míguez

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Vogal titular

Trinidad Yolanda Rico Rodríguez

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Vogal titular

María Ana Mejuto Rial

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Presidenta suplente

Azucena Manuela Hércules Carballo

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Secretario suplente

Daniel Potel Villar

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Vogal suplente

Diego Barco Díaz

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Vogal suplente

Alejandro Seoane Seoane

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Vogal suplente

Alfonso Fernández Costas

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Técnico/a superior en dietética

Presidente titular

Alfonso José Vidal Casariego

Persoal estatutario licenciado sanitario

Facultativo especialista de área en endocrinoloxía e nutrición

Secretaria titular

María José Ríos Carro

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal titular

Susana González Amigo

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Farmacéutica inspectora de saúde pública

Vogal titular

María Jesús Garrido Ferrero

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Vogal titular

Ana María Sánchez García

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Presidente suplente

Francisco Pita Gutiérrez

Persoal estatutario licenciado sanitario

Facultativo especialista de área en endocrinoloxía e nutrición

Secretario suplente

José Jorge García Souto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Óscar Santiago Domínguez Fernández

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro

Vogal suplente

Alma María Prieto Tenreiro

Persoal estatutario licenciado sanitario

Facultativa especialista de área en endocrinoloxía e nutrición

Vogal suplente

Susana Alonso Urrutia

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeira

Técnico/a superior en documentación sanitaria

Presidenta titular

Elvira Requeijo Maceira

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior en documentación sanitaria

Secretario titular

José Luis Sampedro Morandeira

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Laura Sofía Piñón González

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior en documentación sanitaria

Vogal titular

José Ramón Castro Duarte

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico superior en documentación sanitaria

Vogal titular

Trinidad Gancedo Herreras

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior en documentación sanitaria

Presidenta suplente

Ana María Moral Álvarez

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior en documentación sanitaria

Secretario suplente

José Francisco Morán Losada

Persoal estatutario de xestión y servicios

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

María Mercedes Lanza Gándara

Personal funcionario Lei 17/1989

Inspectora médica

Vogal suplente

María Emilia Rendo Miguez

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior en documentación sanitaria

Vogal suplente

Santiago Pérez Cachafeiro

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico de admisión e documentación clínica

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

Presidente titular

Emilio Rodríguez Magide

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico superior de laboratorio de diagnóstico clínico

Secretaria titular

Esperanza Rodríguez Cabo

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Natividad Vizoso Lorenzo

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior de laboratorio de diagnóstico clínico

Vogal titular

Francisco Vilariño Pérez

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico superior de laboratorio de diagnóstico clínico

Vogal titular

Susana Pérez Duarte

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior de laboratorio de diagnóstico clínico

Presidente suplente

José Manuel Rey Casas

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico superior de laboratorio de diagnóstico clínico

Secretaria suplente

Nieves Fiel Paz

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior de sistemas e tecnoloxías da información

Vogal suplente

Óscar Porto Prego

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico superior de laboratorio de diagnóstico clínico

Vogal suplente

Elisa Linares Castañeda

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnica superior de laboratorio de diagnóstico clínico

Vogal suplente

Roberto García Roca

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico superior de laboratorio de diagnóstico clínico