DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2025 Páx. 15378

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores nos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocados mediante as resolucións do 19 de decembro de 2023.

Mediante as resolucións do 19 de decembro de 2023 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 241 e 246, do 21 e do 29 de decembro, respectivamente), convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal de xestión e servizos.

Mediante a Resolución do 3 de xaneiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 13, do 21 de xaneiro), publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega nas categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocados polas resolucións do 19 de decembro de 2023.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e que se publicará para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa dita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo e por categoría, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas por categoría, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Nomear os membros dos tribunais, titulares e suplentes que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan, para cada categoría, no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade do 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Grupo técnico/a da función administrativa

Presidente titular

Guillermo José Rodicio Cimadevilla

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia

Escala de letrados

Secretaria titular

Carmen Balboa Salgado

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Eugenia Justina Rosales Fernández

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Mónica Penas Penas

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Sergio Manuel Gómez Amoedo

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Presidenta suplente

Cristina Fernández González

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Escala de letrados

Secretario suplente

Daniel Potel Villar

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Vogal suplente

Ramón Javier Castro Lodeiro

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Enrique Molares Castro

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Francisco Javier García Caeiro

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Grupo de xestión da función administrativa

Presidenta titular

Cristina Fernández González

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia

Escala de letrados

Secretari titular

María Begoña Caamaño del Castillo

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Lara María Otero López

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

José Manuel Pombo Arzúa

Corpo de xestión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Subgrupo A2 escala técnica de finanzas

Vogal titular

Mercedes Carracedo Durán

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Presidente suplente

Guillermo José Rodicio Cimadevilla

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia

Escala de letrados

Secretaria suplente

Yolanda Pérez Otero

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

María José Ríos Carro

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal suplente

José Ignacio Lema Piñeiro

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

José Jorge García Souto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Grupo auxiliar da función administrativa

Presidenta titular

Concepción Cruz Cordeiro

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo auxiliar da función administrativa

Secretariotitular

Daniel Potel Villar

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia

Vogal titular

María Isabel Fuentes Suárez

Persoal estatutario de xestión e servizos

Traballadora social

Vogal titular

Amador Ageitos Pérez

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo auxiliar da función administrativa

Vogal titular

María Belén Millor Sanesteban

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo auxiliar da función administrativa

Presidente suplente

Adolfo Penedo Padín

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo auxiliar da función administrativa

Secretario suplente

José Luis Sampedro Morandeira

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico de la función administrativa

Vogal suplente

Miguel Ángel Fernández Gallego

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo auxiliar da función administrativa

Vogal suplente

María del Mar Pérez Gómez

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo auxiliar da función administrativa

Vogal suplente

Mónica Prego Cela

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo auxiliar da función administrativa