DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2025 Páx. 15417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se lle notifica un acto administrativo á persoa interesada.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e do portal de notificacións electrónicas Notifica.gal, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o comunicado de desconto de haberes.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do comunicado e os seus anexos, e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do comunicado no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 18 de febreiro de 2025

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Autoridade que o adopta

10853976T

Comunicado de desconto de haberes

Directora territorial