DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2025 Páx. 15413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2025 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Rita II, Rita IV, Rita VI, Rita VII e Ima.

Antecedentes:

1. O día 21 de febreiro de 2025 Gustavo Rodríguez Patiño solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Rita II, Rita IV, Rita VI, Rita VII e Ima.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

2. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Rita II.

Situación:

Cuadrícula nº: 76.

Polígono: D.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 28.1.1970.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Gustavo Rodríguez Patiño (***0793**).

Nova titular: Alén de Arousa, S.L.U. (B75869974).

Tipo: batea.

Nome: Rita IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 23.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 22.4.1970.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Gustavo Rodríguez Patiño (***0793**).

Nova titular: Alén de Arousa, S.L.U. (B75869974).

Tipo: batea.

Nome: Rita VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 13.

Polígono: G.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 25.11.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Gustavo Rodríguez Patiño (***0793**).

Nova titular: Alén de Arousa, S.L.U. (B75869974).

Tipo: batea.

Nome: Rita VII.

Situación:

Cuadrícula nº: 1.

Polígono: G.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 25.11.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Gustavo Rodríguez Patiño (***0793**).

Nova titular: Alén de Arousa, S.L.U. (B75869974).

Tipo: batea.

Nome: Ima.

Situación:

Cuadrícula nº: 21.

Polígono: D.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 9.7.1969.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Gustavo Rodríguez Patiño (***0793**).

Nova titular: Alén de Arousa, S.L.U. (B75869974).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e nas obrigas do anterior desde o momento da formalización da transmisión en escritura pública e, en particular, nas obrigas derivadas da axuda percibida en concepto de investimentos produtivos en acuicultura (expediente PE205F 2022/009-5) por un importe de 54.250,00 €, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 25 de febreiro de 2025

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo