A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece, en concordancia co contido na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, a posibilidade de proceder á funcionarización do persoal laboral fixo nos corpos e escalas de persoal funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia. Ao dito persoal garántenselle as retribucións brutas que estaba a percibir como laboral fixo, se estas son superiores ás que lle correspondan como funcionario.
En desenvolvemento do anterior publicouse o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. No referente ás cuestións retributivas establece, no seu artigo 9, que o persoal laboral fixo que supere o proceso de funcionarización, a partir da toma de posesión como funcionario de carreira, pasará a devindicar todas as súas retribucións conforme o sistema, conceptos e contías establecidos con carácter xeral para o persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma. Garantiránselle as retribucións brutas anuais fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, que estaba a percibir como laboral fixo, se estas fosen superiores ás que lle correspondan como persoal funcionario de carreira.
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal elaborou unha modificación de relación de postos de traballo co obxecto de adaptar postos xa funcionarizados, cuxas persoas ocupantes teñen reclasificada a súa categoría profesional a unha categoría superior como persoal laboral por diversas sentenzas, a outra categoría recollida no anexo do Decreto 165/2019.
Ao abeiro deste proceso de funcionarización, mediante a Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 12 de febreiro de 2024 (DOG núm. 35, do 19 de febreiro), convocáronse procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nos corpos, escalas e especialidades correspondentes, de persoal laboral fixo do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Os postos que se clasifican correspondentes a estas categorías funcionarizadas son os que figuran na relación de postos de traballo a que fai referencia o parágrafo anterior.
Trátase dunha modificación derivada dun proceso de funcionarización en que, por primeira vez, se establece unha clasificación de postos de traballo no corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1), escalas técnicas de cociña e de recursos naturais e forestais, e no corpo auxiliar de carácter técnico (subgrupo C2), escala auxiliar de mantemento, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas e especialidades recollidas na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Para a determinación desta clasificación non se levou a cabo unha nova valoración e/ou valoración complementaria dos postos de traballo senón que se tiveron en conta as correspondentes sentenzas de reclasificación de categoría profesional, así como aquelas retribucións e complementos salariais que figuraban nas correspondentes relacións de postos de traballo, que retribuían as especiais dificultades materiais e técnicas que exixe o desempeño do posto de traballo e que serviron de base no seu momento para a súa funcionarización e clasificación.
Por conseguinte, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e na Comisión de Persoal, establécese a seguinte clasificación de postos de traballo no corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1), escalas técnicas de cociña e de recursos naturais e forestais, e no corpo auxiliar de carácter técnico (subgrupo C2), escala auxiliar de mantemento, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas e especialidades recollidas na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de febreiro de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo, referente ao proceso de funcionarización e clasificación de postos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Clasificación de postos de traballo derivada da funcionarización e clasificación de postos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
Primeiro. Clasificación de postos de traballo de persoal funcionario do subgrupo C1.
• Clasificación no subgrupo C1 de Administración especial.
– Clasificación de postos no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de cociña, cos seguintes niveis:
|
Subgrupo |
Denominación do posto |
Complementos (posto laboral) |
Niveis: destino e específico (posto funcionario) |
Centro de destino |
|
C1 |
Oficial/a 1ª cociña |
--- |
CD 14 |
CEIP Plurilingüe Eladia Mariño (Cabanas) |
– Clasificación de postos no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de recursos naturais e forestais, cos seguintes niveis:
|
Subgrupo |
Denominación do posto |
Complementos (posto laboral) |
Niveis: destino e específico (posto funcionario) |
Centro de destino |
|
C1 |
Capataz de establecemento |
B10//B11//B12//B18 |
CD 21, CE 22 |
Distrito: IV-Noia |
Segundo. Clasificación de postos de traballo de persoal funcionario do subgrupo C2
• Clasificación no subgrupo C2 de Administración especial.
– Clasificación de postos no corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de mantemento, cos seguintes niveis:
|
Subgrupo |
Denominación do posto |
Complementos (posto laboral) |
Niveis: destino e específico (posto funcionario) |
Centro de destino |
|
C2 |
Oficial 2ª |
B10//B11//B18 |
CD18, CE 19 |
Instalacións conservación da natureza-piscifactoría O Carballiño |
|
Código |
Descrición dos complementos |
|
B10 |
Complemento salarial de singularidade por perigosidade |
|
B11 |
Complemento salarial de singularidade por toxicidade |
|
B18 |
Complemento salarial de singularidade por penosidade |
Terceiro. Constituirase unha comisión de seguimento presidida pola directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e constituída por un membro vogal de cada organización sindical asinante e iguais membros por parte da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal que, ademais do establecido no punto anterior, será a encargada da vixilancia, interpretación e seguimento do establecido nesta clasificación.
Esta comisión será consultada sobre os complementos de funcionarización que se establezan aos laborais fixos con postos nesta RPT que se funcionaricen con posterioridade á súa entrada en vigor.
