De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 18 de febreiro de 2025 do proxecto Campamento de turismo na parroquia de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros (Lugo), promovido por Pablo Parga Basanta.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
