DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2025 Páx. 15388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados no anexo.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer, para seren notificadas, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén se poderán obter mediante comparecencia no Sistema de notificación de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2025

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Aparicio Rivas, Fabiola del Carmen

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Artunduaga Guerrero, Diego Fernando

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Jaramillo López, Lina Mª

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Toutou, Ismael

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Vázquez Vega, Marcos José

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Yepez Rico, Nathalia

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Fernández Redondo, Amelia

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Gómez Parga, Juan Antonio

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Otero Filgueiras, Inmaculada

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Seijas López, Manuel

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)