DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2025 Páx. 15424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello Foz (expediente DH.W27.94593)

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Construcciones y Canalizaciones José Saa, S.L.

NIF: B27156801.

Expediente: DH.W27.94593.

Lugar: Peizás-Forxán.

Parroquia: San Martiño de Mondoñedo.

Concello: Foz.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten no movemento de terras nas parcelas con referencia catastral 27019C001001970000HT e 27019C001001980000HF, na zona de policía de dous regos innominados.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70-2º, 27071 Lugo, con cita previa no teléfono 982 29 44 14.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das admiinistracións públicas.

Lugo, 10 de febreiro de 2025

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña