DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2025 Páx. 15422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Vigo (expediente DH.V36.103149).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Dragados, S.A. y Electronic Trafic, S.A. UTE.

NIF: U72822745.

Expediente: DH.V36.103149.

Lugar: Candeán de Arriba.

Parroquia: Candeán.

Concello: Vigo.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais depuradas.

Caudal máximo diario: 20 m3/día.

Punto de vertedura: X=527.694; Y=4.676.426.

Medio receptor: leito innominado (cunca da ría de Vigo).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais industriais xeradas na escavación das galerías de evacuación do túnel de Candeán da autoestrada AP-9 son tratadas nun sistema de depuración de tipo físico-químico localizado na boca leste do túnel. As augas residuais industriais depuradas conéctanse á infraestrutura de drenaxe da calzada, que verten posteriormente a un leito innominado de carácter intermitente que finalmente se incorpora ao río Figueiras.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras