DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2025 Páx. 15420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.02000, outorgada o 2 de abril de 2004, no concello de Vilaboa (expediente DH.A36.100664).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios Manancial do Pousiño.

Expediente: DH.A36.100664.

Volume total anual: 3.183,90 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,07 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: dous (2) mananciais: M1 e M2.

M1 na parcela 494, polígono 5 do catastro de Vilaboa.

M2 na parcela 503, polígono 5 do catastro de Vilaboa.

Lugar: Outeiro.

Parroquia: Santa Comba de Bértola.

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga de M2 reúnese coa de M1 e condúcese a caseta na parcela 478, polígono 5 que contén 14 depósitos individuais. De cada depósito parte unha tubaxe á parcela de rega ou vivenda que abastece. O sobrante condúcese a depósito contra incendios forestais na parcela 172, polígono 6.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 28 de xaneiro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur