DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2025 Páx. 15735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican unha resolución como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2025

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Recurso

Emilio Caínzos Sar

Resolución

Fisteus (Curtis-A Coruña)

2