DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2025 Páx. 15550

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de febreiro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas xustifícase pola necesidade de adaptala aos cambios introducidos polo Decreto 142/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 24 de febreiro de 2025, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 24 de febreiro de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file