DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2025 Páx. 15453

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2025.

A Orde do 4 de febreiro de 2025 regula as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e convócaas para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Segundo a autorización establecida no artigo 3 da dita Orde do 4 de febreiro de 2025, esta dirección xeral

RESOLVE:

Facer pública a composición do tribunal avaliador que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2025, que figura no anexo desta resolución.

Este tribunal terá dereito a percibir as indemnizacións que corresponden á categoría terceira, segundo o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razóns de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2025

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO

– Presidente: Román Latas Calvo, inspector de Educación.

– Secretaria: María Isabel Vidal Maza, profesora de ensino secundario.

– Vogais:

Xesús Cociña Souto, profesor de ensino secundario.

Margarita Vidal Maza, profesora de ensino secundario.

Juan Granados Loureda, inspector de Educación.

Rafael Fernández Casado, profesor de ensino secundario.

María Luisa Castiñeira García, profesora de ensino secundario.

David Rodríguez Miguens, profesor de ensino secundario.

Isabel Otero García, profesora de ensino secundario.

Asunción González Cabaleiro, profesora de ensino secundario.

Francisco González López, profesor de ensino secundario.

Manuel Ángel García Gómez, profesor de ensino secundario.

Stela Iglesias García, profesora de ensino secundario.

Antonio Lago Dacosta, profesor de ensino secundario.

Noelia Negreira Ferrol, profesora de ensino secundario.

María Belén López González, profesora de ensino secundario.

Roberto Amarelle Garabán, profesor de ensino secundario.

• Suplentes:

– Presidenta: Carmen García Rodríguez, inspectora de Educación.

– Vogais:

Marcos Couceiro Espasandín, profesor de ensino secundario.

Serafín Vázquez Álvarez, catedrático de ensino secundario.

Lucía Abuín Abel, profesora de ensino secundario.

José Antonio Tizón Rodríguez, profesor de ensino secundario.

Óscar Domínguez Pérez, profesor de ensino secundario.

Rosa María Blanco Veiga, profesora de ensino secundario.

María Esperanza Vázquez Iglesias, profesora de ensino secundario.

José Antonio Rodríguez Fernández, catedrático de ensino secundario.

Alberto Sacido Romero, catedrático de ensino secundario.

Raquel Fernández Carril, profesora de ensino secundario.

Josefa Costa Amigo, profesora de ensino secundario.

Juan José Raíces Silva, profesor de ensino secundario.

Francisco José Lado Vara, profesor técnico de formación profesional.

Juan Carlos Codesido García, catedrático de ensino secundario.