Expediente: IN407A 2022/290-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: Regulamentación LAMT PMR814 Corrubedo 14 entre apoios 9E5JIMUG//44-27 e 9DVTLOKK//44-30.
Concello: Ribeira.
Feitos:
1. O día 21 de setembro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de regulamentar un tramo da LAMT PMR814 Corrubedo 14 por estragos en dous apoios de formigón.
Achega o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000 e que abrangue os seguintes documentos:
– Proxecto de execución nomeado: Regulamentación LAMT PMR814 Corrubedo 14 entre apoios 9E5JIMUG//44-27 e 9DVTLOKK//44-30, asinado con data do 21 de febreiro de 2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, con número de colexiado LE-1010.
– Anexo, asinado o 2 de setembro de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, con número de colexiado 15.670 de Madrid.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 2 de maio de 2023, publicado nos seguintes medios:
– Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
– DOG: 25 de maio de 2023, co número 98.
– BOP: 5 de maio de 2023, co número 85.
– Xornal La Voz de Galicia: 17 de maio de 2023.
– Taboleiro de anuncios do Concello: solicitude da certificación municipal do Concello de Ribeira do 4 de maio de 2023 e, feita a reiteración a este organismo o 13 de setembro de 2023, non se tivo resposta do Concello na data desta resolución.
3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte na que a instalación puidera prexudicar a bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello de Ribeira. No día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado á emisión do condicionado solicitado.
5. O día 5 de febreiro de 2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse en Corrubedo, no concello de Ribeira.
– Substitución do apoio existente nº 9E35XE6W//44-28 tipo HV-250 R-11 con cruceta bóveda en suspensión, por atoparse en mal estado, e instalación no seu lugar doutro apoio coa mesma numeración, de celosía metálica tipo C-1000-14 Cr. H-35 6xCA(cs).
– Substitución do apoio existente nº 9E15Ou4FC//44-29 tipo HV-250 R-11 con cruceta bóveda en suspensión, por atoparse en mal estado, e instalación no seu lugar doutro apoio coa mesma numeración, de celosía metálica tipo C-2000-16 Cr. H-35 6xCA(cs).
– Regularanse os condutores dos tres vans existentes entre os apoios 9E5JIMUG//44-27 e 9DVTLOKK//44-30.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
2. A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 12 de febreiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/290-1.
Regulamentación LAMT PMR814 Corrubedo 14 entre apoios 9E5JIMUG//44-27 e 9DVTLOKK//44-30.
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Ribeira.
|
Predio proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Apoio núm. |
Superficie (m²) |
ml. aér. |
ml. sot. |
m² aér. |
m² sot. |
|||||
|
1 |
Inmobiliaria Promesa, S.L. |
15074A05100487 Polígono 51, parcela 487 |
Barreiros |
9E35XE6W//novo apoio nº 44-28 |
2,0 |
Agrario |
||||
Abreviaturas:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².
