DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2025 Páx. 15726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 17 de febreiro de 2025 relativa a instalacións eléctricas no concello de Piñor (expediente IN407A 2024/124-3).

Por Resolución do 17 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello de Piñor (expediente IN407A 2024/124-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona, para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 19 de febreiro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/124-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA CNO804 no tramo entre os apoios núm. 66-17-2-21-19-4 e núm. 66-17-2-21-19-5.

Situación: lugar de Grobas, concello de Piñor.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32062A082006510000OX.

Lugar: Prado Barbeiro.

Cultivo: prado.

Titular: herdeiros de Alicia García Gómez.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. X1.