DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2025 Páx. 15765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da resolución de recursos contra as bases específicas reguladoras da convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2020, 2021 e 2022 (2ª fase da convocatoria, expediente 44949/220).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 24, do 5 de febreiro de 2025, publicouse a resolución dos recursos de reposición interpostos contra o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 23 de agosto de 2024 (BOPPO núm. 179, do 13 de setembro e DOG núm. 219, do 13 de novembro) polo que se aprobou a convocatoria e as bases específicas dos procesos selectivos destinados á execución das ofertas de emprego público do Concello de Vigo correspondentes ao anos 2020, 2021 e 2022 (2ª fase) integrada polas prazas seguintes: sarxenta/o SPEIS, cabo SPEIS, administrativa/o da Administración xeral, auxiliar da Administración xeral, técnico/a da Administración xeral, oficial coidador, mantemento, vixilancia e control Vigozoo, oficiais de oficios, axudante de oficios, diplomado/a traballo social, técnico/a de xestión, subalterno/a, operario/a peón e alguacil notificador/a incluídas nesta segunda fase da convocatoria.

Vigo, 7 de febreiro de 2025

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 4.2.2025)
Francisco Javier Pardo Espiñeira
Segundo tenente-alcalde e concelleiro da Área de Goberno
de Fomento, Servizos e Deportes