De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), e para que sirva de notificación ás persoas interesadas, ao ignorarse o lugar de notificación ou ao ignorar estas a notificación recibida para a xestión de biomasa, faise público que a alcaldesa-presidenta adoptou a Resolución nº 2025-0106, do 24 de xaneiro de 2025, de inicio de expediente de execución subsidiaria por incumprimento da obriga de xestión da biomasa (artigos 22.2 y 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais) e liquidación provisional anticipada dos custos, que se indica a continuación:
Táboa de liquidacións
|
Exp. |
Ref. catastral |
Parroquia |
Lugar/polígono/parcela |
ha afectada por execución subsidiaria |
Liquidación provisional dos traballos de xestión de biomasa |
Data constatación do incumprimento |
Persoa responsable da xestión de biomasa |
|
1092/2024 |
36049A040000510001LO |
Parderrubias |
Pedrabuxiña/pol. 40/parc. 51 |
686,73 m2 |
500 euros |
7.10.2024 |
Investagación |
|
1092/2024 |
36049A040000470000KX |
Parderrubias |
Pedrabuxiña/pol. 40/parc. 47 |
382,24 m2 |
500 euros |
7.10.2024 |
Fernández Pérez Manuel |
|
888/2024 |
36049A041009250000KZ |
Soutelo |
Mallón/pol. 41/parc. 925 |
14,25 m2 |
500 euros |
14.10.2024 |
Investagación |
|
888/2024 |
36049A041011200000KK*1 |
Soutelo |
Mallón/pol. 41/parc. 1120 |
371 m2 |
500 euros |
14.10.2024 |
Pérez Fernández Fernando |
|
1233/2024 |
36049A030001970000KY |
Parderrubias |
Revolta/pol. 30/parc. 197 |
1.202,12 m2 |
601,06 euros |
10.10.2024 |
Estévez Rodríguez María (herdeiros de) |
|
1514/2024 |
36049A024005860000KB |
Budiño |
Barral/pol. 24/parc. 586 |
107,55 m2 |
500 euros |
4.12.2024 |
Ramírez González Mercedes |
|
1757/2024 |
36049A032013220000KM |
Entenza |
Pedracarballa/pol. 32/parc. 1322 |
534,71 m2 |
500 euros |
30.12.2024 |
Alonso Fontán Emilio e outros titulares |
|
1757/2024 |
36049A032013140000KQ |
Entenza |
Pedracarballa/pol. 32/parc. 1314 |
132,38 m2 |
500 euros |
30.12.2024 |
Ferreiro Quintas Elvira e outros titulares |
|
1757/2024 |
36049A032013160000KL |
Entenza |
Pedracarballa/pol. 32/parc. 1316 |
331,18 m2 |
500 euros |
30.12.2024 |
Alonso Fernández Graciela |
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro do expediente administrativo, está á disposición destas nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, 12, das 9.00 ás 14.00 de luns a venres.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente:
a) Recurso de reposición potestativo ante a alcaldesa deste concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
b) Interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio.
Salceda de Caselas, 12 de febreiro de 2025
Mª Dolores Castiñeira Alen
Alcaldesa
