O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de febreiro de 2025, adoptou o acordo que na súa parte dispositiva di o seguinte:
Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para crear unha área recreativa con zona de baño en Ribas Altas.
Segundo. Someter a información pública durante dous meses o Plan especial de infraestruturas e dotacións para crear unha área recreativa con zona de baño en Ribas Altas.
Terceiro. Publicar o anuncio de información pública no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, como un dos xornais de maior difusión na provincia de Lugo, do Plan especial de infraestruturas e dotacións para crear unha área recreativa con zona de baño en Ribas Altas.
Cuarto. Notificárllelo individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.
Quinto. Obter das administracións públicas competentes os informes sectoriais e consultas que resulten preceptivos.
O período de información pública que figura no punto segundo do acordo comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Monforte de Lemos, 25 de febreiro de 2025
José Tomé Roca
Alcalde
