DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2025 Páx. 15761

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na vía transversal á rúa Chantada (rúa Roberto Martínez Andrade).

Unha vez aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 24 de febreiro de 2024, o estudo de detalle na vía transversal á rúa Chantada (rúa Roberto Martínez Andrade), exponse ao público para os efectos de información pública e audiencia ás persoas interesadas durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o cal se poderán presentar reclamacións e suxestións, de conformidade co previsto no artigo 80 da Lei do solo de Galicia.

Monforte de Lemos, 25 de febreiro de 2025

José Tomé Roca
Alcalde