DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2025 Páx. 15760

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público do ano 2024.

En cumprimento dos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 70 do TR da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, a Xunta de Goberno Local, do 26 de decembro de 2024 (corrección de erros do 22 de xaneiro de 2025), aprobou a oferta de emprego público do ano 2024, que inclúe as seguintes prazas:

– Persoal funcionario:

Grupo

Subgrupo

Clasificación

Nº de vacantes

Denominación

Sistema de acceso

C

C2

Administración xeral

1

Auxiliar administrativo

Libre

– Persoal laboral:

Grupo

Subgrupo

Clasificación

Nº de vacantes

Denominación

Sistema de acceso

C

C2

Laboral fixo

1

Axente de Emprego e Desenvolvemento Local

Libre

Láncara, 6 de febreiro de 2025

Darío A. Piñeiro López
Alcalde