Visto que non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 20240284TACO incoado a 53308204T, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en adiante LPACAP, notifícaselle mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Dado que non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da LPACAP, o texto íntegro deste acto administrativo está ao dispor das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, 4º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias do departamento territorial.
Os prazos serán os seguintes:
– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.
– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo establecen os artigos 121 e 122 da LPACAP.
A Coruña, 24 de febreiro de 2024
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 20240284TACO.
DNI/NIF/CIF: 53308204T
Derradeiro enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 325, San Pedro de Visma, 15011 A Coruña.
Rúa da Aguia, 32, 2º A, 15178 Oleiros.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria de medidas fronte ao tabaquismo.
