Antecedentes:
Pola Resolución do 12 de abril de 2024 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Josefa Reimundo Caramés (ABI/2018/0004), falecida o 7 de abril de 2011.
A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (suplemento N. núm. 105, do 30.4.2024), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 83, do 26.4.2024), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Ribadeo e Vigo, por un prazo non inferior a trinta días naturais.
Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, en que se acredita o seu falecemento o 7 de abril de 2011 en Vigo, e que, aínda que outorgara testamento, este resultou ineficaz por premoriencia das persoas instituídas. Así mesmo, figuran igualmente incorporados certificados do seu empadroamento no concello de Vigo, quedando xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.
Durante a tramitación do procedemento non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.
Das consultas efectuadas perante o Catastro inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte da masa hereditaria da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, que comprenden os do seu esposo premorto, José Guinde Benavides que, por derradeiro testamento do 22 de xuño de 1990, instituíu herdeira de todos os seus bens e dereitos a Sra. Reimundo Caramés. Todo o anterior sen prexuízo da inclusión daqueloutros bens e dereitos que se poidan identificar con posterioridade a esta declaración como de titularidade da finada.
A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.
Fundamentos xurídicos:
Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.
Código civil, artigos 657 e seguintes.
Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6 e 20 bis.8.
Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, título III, artigos 147 e seguintes.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 14 e 16.
Segundo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Josefa Reimundo Caramés, con DNI 33688866F, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.
Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:
a) Bens inmobles urbanos:
– Piso primeiro, letra A, do edificio núm. 11 da rúa Coruña da cidade de Vigo. Ten unha superficie construída aproximada de 135 m2, segundo o Catastro inmobiliario.
Referencia catastral: 1949009NG2714N0016DT.
Valor catastral: 31.175,75 €.
Inscrición rexistral: non consta.
b) Bens inmobles rústicos:
– Parcela núm. 256, do polígono 77 do Catastro inmobiliario, no lugar de Cochos, municipio de Tui (Pontevedra), cunha superficie aproximada de 202 m2. Estrema: norte, parcela catastral núm. 252; sur, parcela catastral núm. 6004; leste, parcela catastral núm. 257; e oeste, parcela catastral núm. 255.
Referencia catastral: 36055A077002560000UZ.
Inscrición rexistral: non consta.
– Parcela núm. 6 do polígono 79 do Catastro inmobiliario, no lugar de Rega, municipio de Tui (Pontevedra), cunha superficie aproximada de 2.097 m2. Estrema: norte, coa estrada de Anta; sur, parcela catastral núm. 8; leste, parcela catastral núm. 7; e oeste, parcela catastral núm. 5.
Referencia catastral: 36055A079000060000UR.
Inscrición rexistral: non consta.
c) Contratos e outros efectos bancarios:
– Banco Santander, conta corrente: 0238 8103 0700137158.
– Banco Santander, depósito a prazo: 0072 8103 036 01743 37.
– Banco Sabadell, conta corrente: 0081 2194 62 0006000413.
Terceiro. Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios.
A resolución será remitida para a súa exposición pública no taboleiro de anuncios dos concellos de Ribadeo, Vigo e Tui, por un prazo non inferior a trinta días naturais.
Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2025
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
