DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2025 Páx. 15970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2024/121/15 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas e que figuran no anexo as resolucións que se ditaron nos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

Os expedientes están dispoñibles no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña, rúa Gregorio Hernández, 2, 1º andar, onde as persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer para o coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán interpoñer recurso no xulgado de primeira instancia da Coruña que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

A Coruña, 10 de febreiro de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm.

expediente

Persoas interesadas

Data do acto

administrativo

Efectos da resolución

2024/121/15

47377218R

24.10.2024

Mantemento da medida administrativa

2023/224/15

03474292G

13.1.2025

Mantemento da medida administrativa

2022/280/15

53184662Z

13.1.2025

Mantemento da medida administrativa

2022/280/15

53184662Z

21.1.2025

Corrección de erros da Resolución do 13.1.2025