DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2025 Páx. 15972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións para a distribución de gas natural ao polígono Pena Partida e dar subministración á industria Cortizo no concello de Coirós (A Coruña), promovido pola empresa Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2024/1-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia, S.A., con CIF A66560152, e con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 8.10.2024, a empresa Nedgia, S.A., presentou a solicitude de autorización administrativa previa e aprobación do proxecto de execución das instalacións para a distribución de gas natural ao polígono Pena Partida e dar subministración á industria Cortizo no termo municipal de Coirós (A Coruña), que acompañan o proxecto de execución e as separatas técnicas para os organismos afectados.

Ante esta solicitude, o 11.11.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas resolveu iniciar o trámite de competencia para o outorgamento da dita autorización administrativa, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

A dita resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 29.11.2024 e durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron outras solicitudes en concorrencia. En consecuencia, procede continuar co procedemento de outorgamento de autorización administrativa solicitada por Nedgia, S.A.

Obxecto da petición: autorización administrativa previa e aprobación do proxecto de execución das instalacións para a distribución de gas natural ao polígono Pena Partida e dar subministración á industria Cortizo no termo municipal de Coirós (A Coruña).

Descrición das instalacións:

Proxéctase unha acometida de gas natural á industria Cortizo no concello de Coirós (A Coruña). As instalacións obxecto da solicitude son as seguintes:

– Canalización de gas natural en aceiro 6” en MOP 16 bar, de 182 m de lonxitude, coa orixe na futura posición I014X (obxecto doutro proxecto) do gasoduto Vilalba-Tui de Enagás e final na ERM do cliente situada na parcela de referencia catastral 0378202NH7807N0001ST.

– Instalacións auxiliares: 3 válvulas de seccionamento DN 6”.

Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta o concello de Coirós, na provincia da Coruña.

Orzamento: dezaoito mil catrocentos noventa e seis euros con noventa e dous céntimos (18.496,92 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de vinte (20) días a partir do día seguinte ao da última das publicacións que se farán desta resolución (no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e en dous dos xornais de maior difusión no correspondente ámbito territorial), e poderán examinar o referido proxecto na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas (r/ Avelino Pousa Antelo, 5, Edificio Inega, San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela), no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (r/ Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña) ou no portal web desta consellería a través do seguinte enderezo da internet:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2025

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas