DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2025 Páx. 16016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2025 polo que se notifica a visita para toma de datos no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/40/2010.

O 3 de xuño de 2025, ás 11.00 horas, funcionarios do Servizo Técnico da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU) van realizar unha visita de inspección ás obras obxecto do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/40/2010 (107K2010/96-0).

Dado que o titular actual do inmoble afectado polo expediente é descoñecido, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto polo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos posibles interesados a dita visita de inspección de toma de datos e mostras de materiais susceptibles de conter substancias perigosas para os efectos de redactar o proxecto de demolición das obras obxecto do expediente, para que facilite o acceso ao interior da totalidade da edificación, os cales poderán acudir acompañados dos técnicos que consideren convenientes.

Así mesmo, comunícaselles que non é imprescindible a presenza das persoas interesadas sempre que alguén facilite o acceso á edificación e á totalidade das obras obxecto do expediente para realizar as actuacións indicadas.

No caso de que os interesados non teñan a vontade de facilitar o acceso, deberán comunicar expresamente a súa negativa ao acceso por escrito nun prazo mínimo de vinte (20) días previo á visita de inspección fixada, dirixida ao Servizo Técnico da APLU.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística