O Pleno municipal, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 7 de febreiro de 2024, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Tordoia, consistente na nova delimitación do núcleo rural de Carballal, parroquia de Vila de Abade (San Cibrán). O acordo sométese a información pública por un prazo de dous meses, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e/ou presentar as reclamacións que consideren oportunas.
A totalidade do documento técnico e os trámites de que consta poderán consultarse no Departamento de Urbanismo, mediante cita previa das 9.00 ás 14.00 horas e na páxina web do Concello na seguinte ligazón:
https://www.tordoia.es/modificacion-puntual-no-01-do-pxom-de-tordoia/
Tordoia, 13 de febreiro de 2025
Eduardo Antonio Pereiro Liñares
Alcalde
