DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2025 Páx. 16040

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para cubrir, polo sistema de concurso-oposición libre, tres (3) prazas, como persoal laboral fixo, de operarios de obras, grupo V, incluídas na OPE 2022 e 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 46, do 25 de febreiro de 2025, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para cubrir, polo sistema de concurso-oposición libre, tres (3) prazas, como persoal laboral fixo, de operarios de obras, grupo V, incluídas na OPE 2022 e 2023.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal: https:// sarria.sedelectronica.es

Sarria, 26 de febreiro de 2025

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde