DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2025 Páx. 16039

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para cubrir, polo sistema de concurso-oposición libre, dúas (2) prazas, como persoal laboral fixo, de operarios de obras, grupo V, inlcuídas na OPE 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 46, do 25 de febreiro de 2025, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para cubrir, polo sistema de concurso-oposición libre, dúas (2) prazas, como persoal laboral fixo, de operarios de obras, grupo V, incluídas na OPE 2022.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal: https:// sarria.sedelectronica.es

Sarria, 26 de febreiro de 2025

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde