A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria do día 20 de febreiro de 2025, acordou prestar aprobación inicial ao Plan especial de reforma interior do polígono de execución integral número 16 do PXOM de Sanxenxo, de iniciativa particular.
De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública por prazo mínimo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.
O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, con cita previa no teléfono 986 72 00 75.
Sanxenxo, 25 de febreiro de 2025
Telmo Martín González
Alcalde presidente
