DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2025 Páx. 16028

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2025 de notificación aos titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

27.9.2024

27008A00500390

005

00390

Descoñecida

1.10.2024

27008A01600338

016

00338

Descoñecida

1.10.2024

27008A01900810

019

00810

Descoñecida

1.10.2024

27008A02300316

023

00316

Descoñecida

1.10.2024

27008A02300317

023

00317

Descoñecida

26.9.2024

27008A02300320

023

00320

Descoñecida

1.10.2024

27008A02400016

024

00016

Descoñecida

1.10.2024

27008A02400426

024

00426

Descoñecida

30.9.2024

27008A03100249

031

00249

Descoñecida

24.9.2024

27008A03800857

038

00857

Descoñecida

25.9.2024

27008A04000071

040

00071

Descoñecida

25.9.2024

27008A04100971

041

00971

Descoñecida

25.9.2024

27008A04101181

041

01181

Descoñecida

26.9.2024

27008A04101185

041

01185

Descoñecida

26.9.2024

27008A04101206

041

01206

Descoñecida

1.10.2024

4191401PH2149S

4191401

Descoñecida

27.9.2024

4606874PH2240N

4606874

Descoñecida

25.9.2024

4608301PH2240N

4608301

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21 ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.

2º. No caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2024/27008A00500390

27008A00500390

0,1899

874,91 €

166,14 €

2024/27008A01600338

27008A01600338

0,0067

874,91 €

5,85 €

2024/27008A01900810

27008A01900810

0,0110

874,91 €

9,62 €

2024/27008A02300316

27008A02300316

0,0221

874,91 €

19,33 €

2024/27008A02300317

27008A02300317

0,0105

874,91 €

9,14 €

2024/27008A02300320

27008A02300320

0,0831

874,91 €

72,73 €

2024/27008A02400016

27008A02400016

0,0112

874,91 €

9,80 €

2024/27008A02400426

27008A02400426

0,1881

874,91 €

164,61 €

2024/27008A03100249

27008A03100249

0,1201

874,91 €

105,05 €

2024/27008A03800857

27008A03800857

0,0536

874,91 €

46,88 €

2024/27008A04000071

27008A04000071

0,0226

3.545,82 €

80,08 €

2024/27008A04100971

27008A04100971

0,0777

874,91 €

67,99 €

2024/27008A04101181

27008A04101181

0,4042

874,91 €

353,64 €

2024/27008A04101185

27008A04101185

0,0260

874,91 €

22,72 €

2024/27008A04101206

27008A04101206

0,0077

874,91 €

6,73 €

2024/4191401PH2149S

4191401PH2149S

0,0130

874,91 €

11,39 €

2024/4606874PH2240N

4606874PH2240N

0,0010

874,91 €

0,90 €

2024/4608301PH2240N

4608301PH2240N

0,0458

874,91 €

40,10 €

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21 ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

Bóveda, 11 de febreiro de 2025

José Manuel Arias López
Alcalde