DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2025 Páx. 16033

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público 2024.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Caldas de Reis, en sesión ordinaria do día 30 de xaneiro de 2025, aprobou a oferta de emprego público do ano 2024 que di:

«1. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2024:

Praza

Código da praza RPT

Sistema de acceso

Vinculo da praza

1

Policía local

04.00.00.09

Mobilidade

Funcionario/a

2. Publicar a oferta de emprego de 2024 no taboleiro de anuncios do Concello, así como na sede electrónica deste concello, no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia».

Contra o acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interporse alternativamente o recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de interpoñerse recurso de reposición, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será igualmente de dous meses contados desde a notificación da resolución desestimatoria do recurso de reposición, se fose expresa, ou desde a súa desestimación tácita, que se producirá no prazo de seis meses se non se resolve o recurso de reposición interposto. Todo isto sen prexuízo de que interpoña calquera outro que considere procedente.

Caldas de Reis, 13 de febreiro de 2025

Jacobo Pérez Gulín
Alcalde