DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2025 Páx. 16034

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación da ficha A-17 do Catálogo do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM). Avenida de Rosalía de Castro números 72, 74, 76 e 78.

O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o 30 de xaneiro de 2025, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación da ficha A-17 do Catálogo do PXOM (conxunto integrado polos edificios números 72-74-76-78 da avenida de Rosalía de Castro), segundo o proxecto presentado o 16 de xaneiro de 2025, asinado pola arquitecta Salomé Fernández Liste e polo arquitecto Eloy Cambón.

Segundo. O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, para os efectos de inscribir a modificación do PXOM no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei. Consonte ao disposto no artigo 212.3 do RLSG, o prazo do artigo 65.4, antes citado, non comezará a contar ata a recepción completa da documentación no rexistro da Consellería.

Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual da ficha A-17 do Catálogo do PXOM, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2025

A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica