De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
En virtude da Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) convocouse o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual. O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a relación de aspirantes que o superaron na Resolución do 11 de outubro de 2024 (DOG núm. 204, do 22 de outubro).
Co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición con mellor orde de prelación, ata un número igual ao de prazas convocadas do dito proceso selectivo, poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e co gallo de realizar un curso selectivo que, igualmente, deberán superar con aproveitamento como requisito indispensable para obter o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira de acordo coa base 3 da convocatoria, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro de 2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, na Lei 2/2015, do 29 de abril de 2015, do emprego público de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo e que, para dar cumprimento á base 3 da convocatoria, son convocadas á elección de destino en prácticas, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas a subgrupo ao que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
1º) De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario en prácticas do subgrupo a que accede.
2º) De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan.
Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino, ou non presentasen a súa solicitude na forma prevista nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixiran á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017, que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destino, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destino en prácticas, en función do subgrupo a que se accede e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG, na cal se procederá ao seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas, e establecerase tanto a data de efectos do seu nomeamento como a data de inicio do período de prácticas.
Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, funcionpublica.xunta.gal
Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
|
Nº orde elección |
Acceso |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
Promoción interna |
***1357** |
Carballo Benito, Manuel |
|
2 |
Acceso libre |
***8975** |
Jiménez Lorda, Pablo |
|
3 |
Acceso libre |
***3817** |
Osorio Peláez, Pablo |
|
4 |
Acceso libre |
***0546** |
Gómez Gosende, Raúl |
|
5 |
Acceso libre |
***0884** |
Blasco López, Antón Roi |
ANEXO II
Prazas ofertadas
|
Nº |
Código |
Nome |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
|
1 |
EDC995020115770015 |
Posto base subgrupo C2 |
CU |
Museo das Peregrinacións |
Servizos periféricos |
Santiago de Compostela |
C2 |
12 |
|
2 |
FCC070000015770011 |
Posto base subgrupo C2 |
FC |
Dirección Xeral da Función Pública |
Dirección Xeral da Función Pública |
Santiago de Compostela |
C2 |
12 |
|
3 |
PSC070020115770006 |
Posto base subgrupo C2 |
CU |
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil |
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado |
Santiago de Compostela |
C2 |
12 |
|
4 |
ED5010000315770030 |
Posto base subgrupo C2 |
CU |
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) |
Dirección Xeral de Cultura |
Santiago de Compostela |
C2 |
12 |
|
5 |
SAC020000015770025 |
Posto base subgrupo C2 |
SA |
Secretaría Xeral Técnica |
Secretaría Xeral Técnica |
Santiago de Compostela |
C2 |
12 |
